Glosario

A relación entre o tamaño das explotacións e a produtividade na agricultura é unha das cuestións mais debatidas entre as persoas que estudan o desenvolvemento rural. Algúns autores/as e un significativo número de técnicos/as e economistas consideran que as pequenas explotacións son ineficientes (1) . Sen embargo outros/as autores/as achegan unha visión diferente e indican que a maioría dos datos evidencian que as explotacións mais pequenas producen mais por unidade de superficie que as grandes explotacións (2) .

Referencias

(1 )Haji, J. 2007. Production efficiency of smallholders’ vegetable-dominated mixed farming system in eastern Ethiopia: A non-parametric approach. Journal of African Economies 16(1), 1-27.

(2) Rosset ,Peter M. .1999. The Multiple Functions and Benefits of Small Farm Agriculture In the Context of Global Trade Negotiations. Institute for Food and Development Policy. At http://www.foodfirst.org/node/246

(2) Rosset, P. 1999. On the benefits of Small Farms.Food First Backgrounder, v. 6, n. 4, p. 1-4,

O concepto de multifuncionalidade da agricultura é controvertido xa que pode ser interpretado desde perspectivas ideolóxicas moi diferentes. En todo caso semella que existe un certo acordo en que a agricultura no século XXI é unha actividade que non só produce alimentos e fibras senón tamén servizos ambientais e doutro tipo que teñen unha grande transcendencia social

Algúns autores/as consideran que unha intensificación levaría a aumentar a produtividade da agricultura e iso permitiría utilizar menos superficie agraria para satisfacer as necesidades de alimentación e polo tanto liberar mais terras para conservar a biodiversidade. Defenden pois a idea de que se deben separar as terras dedicadas á produción e as dedicadas á conservación. Este modelo é coñecido como “land sparing”

Distintos autores e autoras consideran que se pode integrar produción e conservación e defenden unha agricultura alternativa, diversa e agroecolóxica que manteña a biodiversidade a nivel da paisaxe. Este modelo coñecese como “land sharing”. Estes/as autores/as cuestionan as bases mesmas nas que se asenta a estratexia de “land sparing” e a “intensificación sustentábel”.

Para eles/as o mundo xa produce suficiente alimento para nutrir a poboación esperada para o ano 2050. Polo tanto, a esixencia de aumentar a produción só é necesaria, si se segue a dar prioridade ao subministro para o gando e os automóbiles, en lugar de priorizar a alimentación das persoas que padecen fame.

 

Moi relacionado co “land sparing” está un novo termo : a “intensificación sustentábel”. Este concepto basease na idea de que é necesario producir mais para poder alimentar á poboación mundial, e iso compre facelo a traveso dun incremento dos rendementos xa que o aumento da area cultivada a nivel mundial podería ter maiores custes ambientais. Así pois a “intensificación sustentábel” seria a outra cara da estratexia de “land sparing”. Presentase como un obxectivo, mais non prexulga cal deben ser os métodos ou técnicas empregados para conseguilo.

Algúns autores e autoras consideran que este termo é un pretexto para seguir adiante cunha agricultura industrial con elevados consumos de enerxía e insumos. Sen embargo, outras/os propoñeno como unha aproximación á idea de produción agroecolóxica.

A mediados dos anos setenta do pasado século, naceu o concepto de seguridade alimentaria. Mais adiante, os movementos campesiños deron un salto cualitativo ao propoñer outra estratexia, a de soberanía alimentaria. Este concepto foi presentado como novo paradigma pola Vía Campesiña durante o Cumio Mundial da Alimentación da FAO ( Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación ) entendido como o dereito dos pobos, dos seus Países ou Unións de Estados a definir súa política agraria e alimentaria, sen dumping fronte a países terceiros.

Existe un debate de grande interese e amplitude sobre si sería recomendábel consumir mais alimentos vexetais ou animais. Aínda que compre escapar de comparacións demasiado simplistas xa que estes alimentos desempeñan papeis moi diferentes na nosa dieta nutricional, o debate se aborda non só desde a perspectiva da saúde senón tamén desde a perspectiva do impacto ambiental que se deriva da produción de uns e outros. Neste sentido, varios estudos conclúen que as emisións de gases de efecto invernadoiro procedentes de alimentos de orixe vexetal tenden a ser máis baixos que os de orixe animal