Galiza Rural
Pensando desde Galiza sobre o papel do rural e os agroecosistemas.
¿Cal son os obxectivos da actividade agraria no dia de hoxe? Aínda que non o pareza non están nada claros. Podemos asumir que para cumprir cos criterios de sustentabilidade, un sistema agrícola debe ser viábel e duradeiro. Debe ser eficiente desde o punto de vista da produción, mais tamén desde a perspectiva ambiental e limitando ao máximo a degradación dos solos, o uso de insumos e enerxía e as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI), entre outras. Na polémica de cales deben ser as estratexias para cumprir estes obxectivos superpóñense varios debates que tentamos analizar aquí, nesta páxina web, desde unha visión galega. Nela poderedes encontrar opinións e ideas que, sobre un mesmo tema, poden ser diferentes, mesmo contrapostas, mais isto é precisamente un dos obxectivos. Para ver claro de cando en vez hai que cambiar a dirección da mirada e, en calquera caso, ampliar o campo de visión.